Dende terras naviegas chegounos esta peneira vizosa de material para o certame 2006-2007.
Así nolo contan no limiar do propio libro que editaron froito do seu traballo nos anos inmediatamente anteriores, conxuntamente profesorado e alumnado e que pecha na contraportada con aquel dito que reza “O que de novo non traballa, de vello dorme na palla”:
Dado o importante e abondosa que foi a literatura popular noutros tempos, pareceunos importante que esta sabedoría, que está centrada nos maiores da nosa zona, non se perdese.
(…)
Tratamos de recompilar todo o relacionado coas tradicións ao redor dos traballos, festas, maneiras de pensar, costumes e a mesma vida. Así collemos contos, lendas, refráns, adiviñas, ditos, alcumes…
(…)
Os nosos devanceiros apoiáronse nesta bagaxe cultural para enriquecer as diferentes facetas da vida, e nós tan só pretendemos facer un labor de conservación e respecto das nosas tradicións.
AQUÍ AS GRAVACIÓNS RECOLLIDAS
*Picando no cadro da parte superior esquerda podes moverte entre os seis vídeos incluídos
AQUÍ AS FICHAS DE RECOLLIDA
AQUÍ O LIBRO ‘FARDELO DE TRADICIÓN’ (Editado polo propio Equipo de Normalización Lingüística do CPI Doutor Daniel Monje)