IES Puga Ramón (A Coruña)

a-coruna-galipediaDesde a cidade da Coruña chéganos este material para o certame de recolla da tradición oral do curso 2006-2007, organizado por Ponte…nas Ondas!.

Así nos conta do traballo a profesora Luísa Diéguez, responsable do proxecto neste centro coruñés:
“(…) Como autora e responsable do proxecto quero transmitir a satisfacción que supuxo para min participar por primeira vez co alumnado neste labor de recollida e, sobre todo, no de poder implicar o alumnado de xeito directo na valoración e sensibilización acerca deste rico legado que é a nosa tradición, levando este material ás aulas. O obxectivo que pretendemos é que o alumnado entenda que as historias de tradición oral constitúen un valioso tesouro herdado dos nosos devanceiros e que agora somos nós quen temos a posibilidade de gozar del e a responsabilidade de transmitírllelo ás xeracións vindeiras (…)”.

AQUÍ PODEDES CONSULTAR AS GRAVACIÓNS

E AQUÍ AS CORRESPONDENTES FICHAS DE RECOLLIDA, TRANSCRICIÓNS E TAMÉN EXEMPLO DE APLICACIÓNS DIDÁCTICAS REALIZADAS NO CENTRO A PARTIR DO TRABALLO