Ponte…nas Ondas! felicita aos Caretos de Podence pola inscrición na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Unesco

OS CARETOS DO PODENCE, A PRIMEIRA MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS INSCRITA NA LISTA REPRESENTATIVA DO PATRIMONIO INMATERIAL DA UNESCO

Os Caretos de Podence xa chegaran á UNESCO no 2004 dentro da candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués que Ponte…nas ondas! promoveu como intento de recoñecer o patrimonio común a Galicia e ao Norte de Portugal. Nese momento o proceso de candidaturas estaba dirixido ás obras mestras do patrimonio oral e inmaterial. Agora, a UNESCO establece unha Lista Representativa na que os Estados inscriben as súas candidaturas.

O Caretos de Podence forman parte das celebracións de inverno do patrimonio inmaterial galego-portugués que ten expresións diversas por todo o territorio e que presenta manifestacións semellantes en Trás-os-montes e na zona de Ourense como as máscaras de Lazarim ou os peliqueiros de Laza, entre outras.

O traballo con patrimonio das escolas e institutos de Ponte…nas ondas! vén realizándose desde hai 25 anos e tamén os caretos foron divulgados en Galicia como o mostra o traballo do IES Pedras Pedras Rubias de Salceda de Caselas, no ano 2005, que xa entrevistaban á comunidade dos caretos.
http://pnopedrasrubias.blogspot.com/2014/05/2005-o-entroido-na-raia.html

Tamén dentro das Mostras da Oralidade Galego-Portuguesa que Ponte…nas ondas! desenvolveu para dinamizar e dar a coñecer o patrimonio común encontramos a participación dos Caretos de Podence en 2007, concretamente na realizada en Pontevedra e que foi documentada por UVIGO-TV da Universidade de Vigo:
https://tv.uvigo.es/video/5b5b5b8d8f42080d287f9949

E para saber máis do entrudo no Norte de Portugal, o antropólogo colaborador de Ponte…nas ondas! Alexadre Parafita publicou este artigo:
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=57&id=2219

The Skin of the Devil // A Pele do Diabo from Ze Maria M Moura on Vimeo.