O Folión de Conso actúa esta noite no programa Luar da TVG . Vaino facer no último espazo especial que este programa ven emitindo a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués.
O obxectivo destes espazos que comezaron o pasado 28 de outubro era contribuir á difusión da Candidatura ao través de distintas actuacións que puñan en escena manifestación do patrimonio que opta a ser recoñecido pola UNESCO.
Así estiveron no Luar ao longo das últimas semanas un centenar de nenos participantes no proxecto “Meniños Cantores” para presentar o video-clip central deste libro-disco-dvd. Acudiron tamén os Pauliteiros de Miranda, o Rancho de Reis de Guláns, e os regueifeiros Luis Caruncho e Augusto Canario.