Hoxe foi presentada a Candidatura aos profesores de colexios e institutos de Ourense

A cidade acollerá nos próximos días varios actos relacionados co Patrimonio Inmaterial A Casa do Concello de Ourense acolleu esta tarde un acto de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués aos directores dos colexios e institutos da cidade. A convocatoria partiu do propio Concello ourensán ao través da Concellería de Educación.

O acto correu a cargo de Belén Girón, Concelleira de Educación, Belén Girón, e de Xerardo Feijoo Rapela e Lois Pardo, membros da Comisión Promotora da Candidatura.

O obxectivo desta presentación, segundo explicaba Xerardo Feijoo Rapela, é que nos centros educativos coñezan que actos coma o magosto ou o Samaín forman parte dese Patrimonio Inmaterial que opta a ser declarado Obra Mestra pola UNESCO. O mesmo acontece cos xogos populares coma o peón entorno ao cal o próximo 11 de novembro van celebrar o Día do Peón. Nesa mesma xornada van celebrar un magosto,e con anterioridade o 31 deste mes celebrarán en Ourense o Samaín.

Pola súa banda a Concelleira de Educación, Belén Girón, lembrou aos asistentes que o concello é unha das entidades que xa tiña apoiado a Candidatura.