Preparando o Día do Peón!

Brinquedia fixa o acto central para o día 9 de novembro en Carnota.

«Polo San Martiño, peóns ao camiño!»

A menos dun mes para o 11 de novembro, desde a Rede Galega do Xogo Tradicional, Brinquedia, da que a asociación Ponte… nas Ondas! forma parte, xa nos adiantan cousiñas cara a 14ª edición do Día do Peón. Xa que nesta ocasión coincide con domingo, desde Brinquedia deixan a libre elección o día de celebración.

Mais, formalmente, a Rede vai organizar un acto central en Carnota o venres 9, na Praza de San Gregorio.

Na web de Brinquedia tedes unha selección de recursos arredor do tema: http://brinquedia.net/web/?page_id=8