A TVG emite esta noite, ás 23.15, a gala de presentación de “Meniños Cantores”

A Televisión de Galicia emite hoxe, ás 23.15h, a gala de presentación do libro-disco-dvd de “Meniños Cantores” que se gravou o pasado día 7 deste mes no Teatro Cine Fraga Caixa Galicia en Vigo.

Carlos Blanco, actor galego, é condutor deste espectáculo no que actúa os alumnos do IES de Salvaterra e da Escola de Caminha, en representación de todos os seus compañeiros que fixeron “Meniños Cantores”.

Na gala tamén se conta coa presenza de Xosé Manuel Budiño, as Lelía, Uxía Senlle e a señora Carmen, os regueifeiros Luis Caruncho e Augusto Canario e unha treboada. Ao longo da mesma proxéctanse varios vídeos sobre o Patrimonio Inmaterial.