O luns 7 de novembro presentase en Vigo o libro-disco-dvd “Meniños Cantores”

meninos_cantoresA Gala comezará ás 21h no Teatro-Cine Fraga Caixa Galicia e será retransmitida pola TVG

O próximo luns 7 de novembro, ás 21h, será presentado no Teatro-Cine Fraga Caixa Galicia o libro-disco-dvd de “Meniños Cantores”. A gala será retransmitida pola Televisión de Galicia.

O proxecto musical “Meniños Cantores” é un traballo co Patrimonio Musical Galego-Portugués abordado por nenos, mozos, profesores, músicos e artistas galegos e portugueses. Este traballo desenvolveuse tendo coma referencia a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Meniños Cantores, un referente mundial do traballo co patrimonio musical compartido de dous países

O proxecto “Meniños Cantores” proponnos unha viaxe por un territorio cun patrimonio inmaterial común que se amosa ao resto do mundo ao través de tres formatos: libro, cd e dvd. É unha actividade pioneira no traballo co patrimonio inmaterial, realizada a partir das escolas de Galicia e do Norte de Portugal.

“Meniños Cantores” tivo a súa orixe na Candidatura presentada pola Asociación Ponte…nas Ondas! e as Escolas Asociadas á UNESCO, para que o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sexa recoñecido coma Obra Mestra da Humanidade.

Tratase dun proceso de recreación e plasmación da nosa tradición musical levada e transmitida a partir das aulas de escolas galegas e portuguesas. Nalgúns casos, a creación é un valor sumado a este patrimonio.

“Meniños Cantores” fíxose realidade grazas o estreito traballo desenvolvido polo estudo de gravación Casa de Tolos e a Asociación Ponte…nas Ondas! co obxecto de realizar un traballo musical a partir dos centros educativos dos dous lados do Miño. Os profesores de música dos centros escolares foron os aliados idóneos para emprender esta aventura musical cun patrimonio común. Cada centro educativo encargouse de suxerir dous temas, e de ensaiar e facer os arranxos precisos.

Un libro-disco-dvd sobre o patrimonio musical

Meniños Cantores estrutúrase en tres soportes en galego, portugués, castelán e inglés:
Un Libro 98 páxinas a cor, con letras, textos, debuxos e fotografías
Un CD con 28 temas musicais e pistas interactivas
Un DVD que inclúe dous documentais: un documental de 60 minutos que recolle o proceso de realización de “Meniños Cantores”, outro documental titulado “Un patrimonio para o futuro” cunha duración de 60 minutos; 17 videoclips, e cancións coa opción de versión karaoke.

O proxecto «Meniños cantores» vai constituír un referente mundial de traballo realizado, a partir das escolas, cun patrimonio musical compartido por dous países da Unión Europea. Por primeira vez, escolas de dous países se unen nun ambicioso proxecto musical que integra outros actores como músicos, escritores, conta contos e artistas do mundo da canción. Uxía Senlle, Suso de Toro, Pancho Álvarez, Avelino González, Luís Caruncho ou Augusto Canario son algúns dos nomes que colaboran neste proxecto.

A gravación do vídeo clip do tema central fíxose na vella ponte que une Tui e Valença

O vídeo clip do tema central de “Meniños Cantores” titulado “Máis Perto” foi gravado o pasado 19 de maio na centenaria ponte internacional que une Tui e Valença do Minho, escollida por ser a primeira que se tendeu entre Galicia e o Norte de Portugal.

Cincocentos nenos galegos e portugueses uníronse para interpretar este tema estreitando as súas mans sobre a vella ponte coma “o símbolo do canto das dúas comunidades na defensa deste patrimonio nun espazo común”. A letra da canción recolle o espíritu do traballo dos centros educativos arredor do patrimonio galego-portugués.

O equipo técnico do estudo de gravación “Casa de Tolos”, baixo a dirección de Segundo Grandío, empregou para a gravación do vídeo clip cámaras en terra, nun helicóptero e nunha embarcación. Este traballo foi proxectado xa nos actos centrais de presentación da Candidatura que se celebraron en Madrid e Santiago.

Centros participantes
Participaron no proxecto Meniños Cantores os seguinte centros educativos de Galicia e Portugal:
o C.E.I.P.Souto-Donas. Gondomar
o C.E.I.P. «San Salvador» de Teis. Vigo
o C.E.I.P. O Pombal. Vigo
o C.P.I Altamira. Salceda de Caselas
o C.E.I.P. «A Gándara»de Guillarei. Tui
o IES Salvaterra de Miño. Salvaterra
o CPI Covaterreña. Baiona
o CPI Suárez Marquier. O Rosal
o IES Tomiño. Tomiño
o Centro Educacional de Areosa de VIANA DO CASTELO
o Escola Preparatória de VALENÇA DO MINHO
o Escola E.B.2,3 de CAMINHA
o Escola E.B.2,3 de Riotinto.GONDOMAR
o Escola E.B.2,3 de VILANOVA DE CERVEIRA
o Escola E.B.2,3 de MELGAÇO
o Rancho Folclórico do PORTO
o Coro Meninos Cantores da TROFA

Pódense ollar demos de Meniños Cantores no enderezo:
http://www.pai-musica.com/demos.html

Tema Central “Máis Perto” de Meniños Cantores
Letra: Uxía Senlle – Música: Segundo Grandío

Da outra beira do río
Hai un espello no que me miro

Do outro lado da Raia
Cruzan os sons desta nosa fala
Voume embora, voume pra alá
Habemos de ser máis
Canto viras e alalás

Voume embora, voume pra alá
Habemos de ser máis
Canto viras e alalás

De Portugal me mandaron
Versos e contos nun ramalliño
Cartas en fonte de prata
Para os amores da outra banda
E un faro que alumea
O nóso navío a vida enteira
Voume embora, voume pra alá
Habemos de ser máis
Canto viras e alalás

Fagamos pontes nas ondas
Fagamos pontes no ar
Acheguemonos máis perto
Galiza e Portugal
Ergamos as nosas voces
Fagamos pontes no ar
Aquí mesmo do outro lado
Do río está o meu amor
(bis)
Fagamos pontes nas ondas
Fagamos pontes no ar
Acheguemonos máis perto
Galiza e Portugal

Ergamos as nosas voces
Fagamos pontes no ar
Aquí mesmo do outro lado
Do río está o meu amor
(bis)

Da outra banda do Minho
Ouvi cantar e sonhei contigo

Do outro lado da Raia
Cruzam os sons desta nossa fala
Voume embora, voume pra alá
Havemos de ser mais
Canto viras e alalás
Que vivam por moitos anos
As nossas sete mulheres do Minho
E o cravo que veu prendido
Da nossa mão pelo mes de Abril
Viva Maria da Fonte
Vivam as duas margens do rio

Voume embora, voume pra alá
Havemos de ser máis
Canto viras e alalás
Ouvi ao longe
Milheiros de vozes
Senti mais perto
Galiza e Portugal
Passei a ponte
E trouxe uma flor
Do outro lado
Do río esta o meu amor
(bis)

Voume embora, voume pra alá
Havemos de ser máis
Canto viras e alalás

Ouvi ao longe
Milheiros de vozes
Senti mais perto
Galiza e Portugal

Passei a ponte
E trouxe uma flor
Do outro lado
Do rio esta o meu amor
(bis)