Xa vos recordamos como milleiros de persoas encheron auditorios en Vigo e Porto na presentación deste proxecto pioneiro, un libro-disco gravado por 17 escolas galegas e portuguesas hai xa dez anos. Así o contaba o especial ‘A Escola do Faro’, no xornal Faro de Vigo, no outono de 2005. Podes picar nas imaxes para ampliar.
Tamén en La Voz se falaba do evento: Carlos Blanco presentou o proxecto Meniños Cantores, realizado por 16 escolas galegas e portuguesas