A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, manterá mañá venres, ás doce do mediodía, unha xuntanza con algúns representantes da comisión promotora da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á Unesco.
O encontro terá lugar na sede da Delegación de Pesca de Pontevedra (Rúa Concepción Arenal, 8. Vigo). A conselleira, que estará acompañada da delegada territorial Ángeles Montero, reunirase con membros da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial así como escolas de España e Portugal asociadas á Unesco para abordar as liñas de colaboración da Consellería nesta iniciativa.