20 anos de PNO, traballando para manter a ilusión nas escolas

rocio_pereiraRocío Pereira e Santi Veloso coordinan o monográfico que se publicará esta semana co semanario Sermos Galiza.

O especial ‘A Fondo’, que, conxuntamente co número 128 de Sermos Galiza, sairá nesta quinta feira, foi coordenado pola xornalista Rocío Pereira e o presidente de Ponte…nas Ondas!, Santi Veloso. O especial conta coa colaboración de Álvaro Campelo e Xosé María González Reboredo para falar dos elementos etnográficos que unen a dúas culturas cunha mesma orixe. A parte educativa foi abordada por Xosé Manuel Cid. Uxía, colaboradora de sempre de Ponte nas Ondas, reflectiu o punto de vista musical, tan importante en PNO! Entrevistamos, así mesmo, a Lourdes Carita, implicada en PNO! dende o principio e, na actualidade, presidenta da Associação Cultural e Pedagógica Ponte…nas ondas! em Portugal, para que nos falase do que se fixo e do que queda por facer en PNO!

A xornalista e coordinadora Rocío Pereira fala para Sermos Galiza nunha entrevista sobre o especial, o recente Premio Ondas e a candidatura para inscrición do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na Unesco.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/comunidade-sermos/reto-mais-importante-candidatura-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/20150106022507033804.html

“Hai que traballar para seguir mantendo a ilusión dos centros. Suponlles moito traballo preparar unha xornada así. O profesorado hoxe en día está sometido a moito traballo. As circunstancias son as que son, non sempre hai profesorado para cubrir nas baixas, teñen que asumir novas materias, e PNO! suponlles un esforzo engadido. Con todo, tamén lles serve para traballar doutra maneira co alumnado. Hai que saber valorar o esforzo que lles supón, seguir mantendo a ilusión dos nenos, e conseguir que o mundo da cultura siga tamén implicado con nós. Como tirón de orellas para nós, comunicar máis e mellor e chamar a máis portas nos medios de comunicación”