A UNESCO valora o traballo das escolas e anima a continuar co proxecto

unesco1A amplitude e diversidade deste patrimonio foi un “handicap” para a proclamación

O traballo desenvolvido polas escolas galegas e portuguesas entorno ao Patrimonio Inmaterial galego-Portugués foi valorado positivamente polo xurado das terceiras proclamacións de Masterpieces os The Oral and Intagible Heritage of Humanity.

A Candidatura foi ben valorada pero non acadou o recoñecemento internacional, segundo explicaban os membros dos xurados en rolda de prensa posterior á cerimonia, polo súa amplitude tanto no territorio que abarca coma na diversidade de manifestacións que comprende. Este foi o motivo que levou no último minuto a non conceder ao Patrimonio Galego Portugués este recoñecemento internacional. Dende a UNESCO animouse aos promotores a continuar o traballo reenfocando o proxecto.O máis valorado foi a súa orixe na sociedade civil, singularmente nas escolas, xunto ao feito de tratarse dunha cultural común estendida polo territorio de dous países.

Os promotores da candidatura desprazados ata París, fan fincapé no feito de que “Aquí non remata nada” é só un punto e seguido, indicando que o mero de feito de ter chegado ata aquí é xa de por si un logro importante para a cultura galega e portuguesa.A posta en valor que se fixo de todo este Patrimonio, e a difusión que do mesmo se levou a cabo é so o punto de partida.

unesco2Santiago Veloso, Presidente da Asociación Ponte …nas Ondas!” indicaba que “nada se pecha aquí, ábrese unha porta alternativa, o traballo feito ate o de agora facilita o camiño para que ese patrimonio sexa inserido directamente polos gobernos. Ábrese unha porta a esperanza”. Explicaba Veloso que a riqueza e diversidade deste patrimonio foi un “handicap” xa que dificultaba a adopción de medidas concretas de protección.

Insistiu Santiago Veloso en que se abre unha nova porta para que a Candidatura sexa reformada e poder incluíla na lista indicativa”.

Os promotores estiveron arroupados no acto desenvolvido na UNESCO por o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quíntana, a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, e pola Delegada de Cultura en Pontevedra, Marta Souto.Acudiu tamén a París para dar o seu respaldo a Candidatura Camilo Nogueira.

unesco3