O público vibrou coa gala multimedia celebrada
Máis de mil cincocentas persoas encheron esta tarde o auditorio da Casa da Música en Porto, Portugal, para asistir ao espectáculo multimedia no que se presentou o traballo “Meniños Cantores”. Trátase dun libro-disco-dvd que ofrece unha visión innovadora e moderna da tradición oral galego-portuguesa.
Así o puido comprobar o público nunha gala presentada polo actor galego Avelino González e pola xornalistas Portuguesa Sonia Araujo. Una posta en escena coidada e ben elaborada conmoveu e fixo vibrar ao público. Sobre o escenario estiveron os alumnos do IES de Salvaterra, que ofreceron “O Verdegaio”, coplas e melodías tradicionais galego-minhotas con ritmo e percusión brasileira. Os seus compañeiros, o coro dos Meniños Cantores de Trofa interpretaron «A humildade do Menino» baseado nun texto tradicional e con música Fernando Lopes-Graça.Eles actuaron en representación das dezasete escolas que participaron neste traballo.
A presentación estivo apoiada por dúas das artistas máis coñecidas do panorama musical galego e portugués coma son Susana Seivane e Isabel Silvestre que actuaron na gala. Tamén o fixeron os regueifeiros Luis Caruncho e Augusto Canario.
O acto contou amais cunha elevada presenta institucional. Por parte galega acudiu Marta Souto, Delegada da Consellería de Cultura en Pontevedra. Por parte portuguesa estiveron presentes representantes dos Ministerios de Cultura, Educación e Agricultura, así coma do Concello de Porto. Tamén acudiu o Gobernador Civil de Porto e o vicepresidente do CCRN, Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte.
Próxima cita en Lisboa
A próxima cita en Portugal dos actos da Candidatura do Patrimonio Inmaterial será o próximo luns, 14 de novembro, ás 16 hora portuguesa, no Centro Cultural de Belém, en Lisboa.