Gala do Patrimonio e Mostra da Oralidade xa en liña!

Se non puidestes estar en vivo aquel día, xa podedes asistir desde os vosos computadores aos eventos do pasado outono.

Ponte…nas ondas! lembrou así a histórica presentación do patrimonio inmaterial galego-portugués na sede da UNESCO en París optando a ser Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade. Para a ocasión celebrou o pasado outono unha xornada que incluíu unha MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA para os centros educativos das dúas marxes ( pola mañá ) e unha GALA DO PATRIMONIO ( pola noite ). Ambos eventos contaron coa participación de grupos e artistas de Galiza e do Norte de Portugal.

Gala do património imaterial galego-português celebrada na Eurocidade Tui-Valença do Minho o 25 de novembro de 2016 organizada por PONTE…NAS ONDAS!

Mostra da oralidade galego-portuguesa para escolas galegas e portuguesas celebrada na Eurocidade Tui-Valença do Minho o 25 de novembro de 2015 organizada por PONTE…NAS ONDAS !

O 25 de novembro de 2005, hai xa dez anos, o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade. Era a primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea. Naquela data, a UNESCO recomendou voltar a presentar a proposta destacando o seu grande valor e riqueza das súas manifestacións e expresións. Un mes antes, o día 25 de Outubro de 2004, un grupo de profesores e profesoras da Asociación Ponte…nas ondas! entregaban na sede da Unesco en París, a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Nacida desde escolas ás dúas beiras do Miño, esta Candidatura concitou unha grande adhesión en Galicia e en Portugal ( e na diáspora galego-portuguesa ) e logrou o aval dos Estados español e portugués así como da Xunta de Galicia, sendo numerosas as institucións que colaboraron na realización dos traballos preparativos ( Universidades, Museos, Asociacións…).

Un amplo apoio por parte de importantes personalidades do mundo da cultura, a educación e da ciencia foi explicitado mediante adhesións colectivas e individuais (José Saramago, Nélida Piñón, Federico Mayor Zaragoza, Suso de Toro, Manuel Rivas, Mário Claudio, etc.)

Máis na rede

www.pontenasondas.org

www.opatrimonio.org

www.facebook.com/opatrimonio

www.twitter.com/1patrimonio

gala-patrimonio-portada