Un artigo de Ana Miranda.
A candidatura do Patrimonio Oral Galego-Portugués
ten moitas posibilidades de
ser proclamada o vindeiro 25 de novembro
Obra-Mestra da Humanidade, na liña
bianual de protección do “Patrimonio
Oral e Inmaterial” da UNESCO. Unha
candidatura transnacional que nace da sociedade
civil, defendendo unha cultura
común viva e en grave perigo de extinción,
cunha mostra de excelencia cultural
con fortes pegadas na tradición e na diversidade,
requisitos todos esixidos pola
organización internacional.
“Corren maior perigo as culturas e os
saberes conservados polas persoas, do
que os monumentos ou as paisaxes”
(…)