Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX

proxecto_recuperacion_musicalMilagros Bará coordina unha iniciativa que este mes de febreiro cumpre cinco anos.

Hai máis de medio século do falecemento do pontevedrés Manuel Quiroga Losada (1892-1961), quen moitos recordarán como un dos máis significados violinistas do seu tempo, recoñecido internacionalmente. E é precisamente a súa sobriña-neta Milagros Bará Viñas quen tivo a magnífica idea de iniciar na rede un museo virtual adicado á recuperación do patrimonio musical galego dos séculos XIX e XX.

A iniciativa está aberta á colaboración de toda a cidadanía e foron xa moitas persoas, dende músicos ata investigadores, pasando por familiares e expertos diversos os que foron facendo achegas fotográficas diversas. Unha fotografía da Banda Municipal de Música de Santiago diante de San Domingos de Bonaval, dedicada polo director no 1934 opu outra da Banda de Rubiós, tomada o 28 de Agosto do ano 1910 na parroquia de Taboexa – As Neves, son dúas das últimas achegas, pero no arquivo virtual podemos atopar outras moito máis antigas, como a única atopada da Orquestra da Unión Recreativa e Instructiva de Artesáns da Coruña, con data de 1847.

Recomendámosvos visitar esta iniciativa:

O blog Patrimonio Musical Galego

O espazo en Facebook – Recuperación Patrimonio Musical Galego