CEIP Manuel Respino (A Rúa)

a-rua-galipediaDesde o concello rués chéganos estoutro material para o certame de recolla da tradición oral do curso 2006-2007, organizado por Ponte…nas Ondas!.

Este centro achegounos a lenda titulada “A cova da moura”, recollida da informante Pilar Arias.

Ademais, achégannos tres interesantes volumes vencellados á tradición oral local que recollen o traballo de Esteban Enríquez Fernández, nado en maio de 1925 na aldea de San Martiño do Bolo. Este autor ten recollido un feixe de relatos, tradicións e costumes da comarca de Valdeorras.

‘Contos e lendas da Terra do Bolo’ (Primeira parte)

‘Contos e lendas da Terra do Bolo’ (Segunda parte)

‘A Casa do Choupín’