A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, a Delegação Regional de Cultura do Norte de Portugal (DRCN) e a Direcção Regional de Educação do Norte (DERN) convocaron este II Certame de Recolla de Mostras da Tradición Oral.
A finalidade deste certame seguiu a ser nesta segunda edición o achegamento das novas xeracións á nosa cultura tradicional para evitar romper a cadea de transmisión dos saberes que a compoñen. As xeracións que somos, por idade, depositarias destes saberes temos a obriga de transmitir este patrimonio cultural ás novas xeracións. O certame pretende que os centros de ensino continuen co labor desenvolvido co Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués e contribúan á dinamización, promoción e transmisión daquelas expresións aínda vivas da tradición oral galego-portuguesa. Deste xeito, buscouse que o alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria, Ciclos Formativos e da Universidade, dos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal, se achegasen a aquelas manifestacións culturais inmateriais que están no seu entorno máis inmediato.
TEMAS
Unha vez máis puideron ser tema calquera das expresións ou formas da tradición oral tanto en prosa (mitos, lendas, contos, relatos orais, trabalinguas, adiviñas, etc) como en verso (romances, historias, cantares de cegos, coplas, oracións, recitados, refráns, etc). Tamén aquelas mostras que relaten acontementos relacionados coa historia, as relacións sociais e políticas vividas en Galicia e no Norte de Portugal, como a represión, as ditaduras ou o contrabando na fronteira.
Valorouse a autenticidade e a orixinalidade da recolla así como a relevancia que teña para a comunidade de portadores e portadoras. Tamén se valoraron as recollas colectivas de expresións populares que implicasen a un grupo de informantes ou portadores e primáronse traballos que presenten mostras representativas do patrimonio común galego-portugués.
O TRABALLO PREVIO DURANTE O CURSO
Máis de 60 centros educativos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal incribíronse para realizar os traballos de recollida e posta en valor deste patrimonio. Durante o curso escolar desenvolvéronse diversos obradoiros de narración oral nos centros que realizaron os traballos para o Certame. Narradores como Cándido Pazó, Avelino González, Fátima Fernández ou Anxo Moure impartiron sesións de literatura oral e explicaron aos máis novos as técnicas de transmisión deste patrimonio cultural.
Os traballos realizados polos centros educativos galegos e portugueses de todos os niveis do ensino, desde E.Infantil até a Universidade abordaron diversos ámbitos da cultura inmaterial. O xurado, composto por especialistas na literatura de tradición oral galego-portuguesa como Ofelia Carnero, Antonio Reigosa ou Alexandre Parafita, a maiores dun representante da Asociación Ponte…nas ondas! coma entidade convocante do certame, tivo que realizar un gran esforzo para outorgar os premios aos traballos realizados para cada categoría de ensino.
OS PREMIADOS
O xurado resolveu conceder os seguintes premios aos traballos realizados:
(*Pulsando sobre o nome do centro podes acceder ao seu material)
Categoría de Ensino Primario:
1º Premio: CRA Amencer de San Paio Ribadavia
2º Premio: CEIP Abelendo de Moaña
Accesit 1: Jardim de Infancia de Rebordaos-Bragança
Accesit 2 : Escola Básica de Apúlia-Esposende
Categoría de Ensino Secundário e Ensino Básico 2º e3º Ciclo:
1º Premio: IES Ribeira do Louro de O Porriño
2º Premio Exaequo: Escola EB 2,3 Paulo Quintela de Bragança e IES a Sangriña de A Guarda
Categoría de Bacharelato:
1º Premio: IES A Sangriña de A Guarda
Categoría Ciclos Formativos e Ensino Profissional:
1º Premio: IES A Sangriña de A Guarda
2º Premio: Escola Profissional Infante Don Enrique de Porto
Categoría Universitaria:
1º Premio: Grupo da Facultade de Químicas da Universidade de Vigo.
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS
O acto de entrega dos premios realizouse o día 31 de outubro de 2008 no museo do Verbum en Vigo, nun acto no que estarán presentes representantes dos centros premiados e no que se desenvolverá unha sesión didáctica sobre a literatura de tradición oral.
TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS PARTICIPANTES
*Pulsando sobre o nome de cada centro podes acceder a todo o material recollido polo alumnado
CEIP de Caldelas (Tui)
Tema: O estraperlo
IES Terras de Turonio (Gondomar)
Tema: Cantigas e Lendas
CEIP Xulio Camba (Vilanova de Arousa)
Tema: Toda unha vida /Lembranzas de Vilanova
Facultade de Químicas da Universidade de Vigo
Tema: Lembranzas da guerra
IES de Breamo (Pontedeume)
Tema: Adiviñas e ditos
IES Moncho Valcarce (As Pontes)
Tema: Tradición oral
Colexio Sagrado Corazón (Celanova)
Tema: Como se vivía antes
CEIP Carlos Casares (Salvaterra)
Tema: Cntrabando Galiza/Portugal / Relatos da fronteira / Relatos da bisavoa
IES A Sangriña (A Guarda)
Tema: O tesouro dos nosos avós / Lendas da Guarda / A emigración
IES Ribeira do Louro (O Porriño)
Tema: Contos de Nadal e Reis
IES Leiras Pulpeiro (Lugo)
Tema: Os fachos de río Arau / Dous consellos e unha empanada / Conversas co meu avó
CEIP Abelendo (Moaña)
Tema: Xornada de tradición oral coa señora Modesta
CPI de Xanceda (Mesía)
Tema: Recollas de patrimonio inmaterial
IES Xulián Magariños (Negreira)
Temas: Cantigas, relato, romance
CEIP Santa María de Casaio (Carballeda de Valdeorras)
Tema: Recollas
CRA Amencer (Ribadavia)
Tema: A vendima
EB 2,3 de Melgaço (Melgaço)
Tema: Identidade e Territorio
EB 2,3 Paulo Quintela (Bragança)
Tema: Contos orais
Jardím de Infancia Rebordaos (Bragança)
Tema: No tempo dos meus avós
EBI de Apúlia (Valença do Minho)
Tema: Texto en verso
Escola Profissional Infante D. Henrique (Porto)
Tema: A ditadura salazarista