No Encontro Asociativo celebrado os días 9 e 10 de febreiro en Vila Nova de Famalicao no que se deron cita máis de 70 asociacións de Galiza e do Norte de Portugal, as asociacións presentes no Encontro acordaron dirixirse aos Ministerios de Cultura de Portugal e de España para solicitar a inclusión na futura Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial, que a Unesco fará pública en 2009, da Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas impulsada pola Asociación Ponte…nas ondas! Ademais manifestaron o seu apoio a esta iniciativa que busca a posta en valor da identidade da Eurorrexión.