A Cadea Pirenaica de Andorra vai ofrecer mañá xoves no programa “Galicia máis cerca” unha entrevista con Santiago Veloso, o presidente de Ponte…nas Ondas! para afondar na Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
O interese pola Candidatura está a traspasar dende hai tempo as fronteiras de Galicia e Portugal e está a ser seguida con interese polos galegos e portugueses na emigración. Este é o caso dos máis de 5 mil galegos e 10 mil portugueses que residen en Andorra.
Ao través da entrevista que mañá ofrecerá Cadena Pirenaica terán a oportunidade de coñecer de primeira man a Candidatura.
A quince días para que UNESCO se pronuncie sobre o Patrimonio Inmaterial que opta a ser recoñecido coma Obra Mestra da Humanidade crece o interese por parte dos distintos medios de comunicación, tanto prensa escrita, dixitais, radios e televisións. Moitos medios están a preparar especiais sobre a Candidatura que sairán á rúa nos próximos días.