Mañá preséntase en Santiago aos medios de comunicación o proxecto Meniños Cantores
Mañá xoves, 3 de novembro, ás 12.30, na sala da primeira planta da Galería Sargadelos de Santiago de Compostela será presentado en rolda de prensa o proxecto “Meniños Cantores”.
Estarán presentes:
– Luis Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural
– Santiago Veloso, presidente da Asociación “Ponte…nas Ondas!”
– Suso de Toro, escritor e colaborador de Meniños Cantores
– Segundo Grandío, do estudo de gravación Casa de Tolos
O libro-disco-dvd Meniños Cantores é un traballo co patrimonio musical galego-portugués levado a cabo con nenos, mozos, profesores, e artistas galegos e portugueses. Xurdiu do traballo realizado pola Asociación Ponte…nas Ondas! e as Escolas asociadas á UNESCO co patrimonio inmaterial galego-portugués que opta a ser recoñecido pola UNESCO coma Obra Mestra da Humanidade o próximo día 25 deste mes.
O libro-disco-dvd será presentado ao público en xeral o próximo luns, 7 de novembro, no Teatro-Cine Fraga Caixa Galicia en Vigo nunha gala que comezará ás 21 h.
Presentación do proxecto “Meniños Cantores”
Data: Xoves 3 de novembro ás 12.30h.
Lugar: Galería Sargadelos, Rúa Nova, 16 en Santiago de Compostela