O programa Luar da TVG comeza a emitir unha serie de especias sobre a candidatura

O programa Luar da TVG comeza a emitir esta noite unha serie de espazos especiais sobre a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués que opta a ser proclamado Obra Mestra da Humanidade pola UNESCO o próximo 25 de novembro.

Esta noite acudirán ao Luar un centenar de nenos participantes no proxecto “Meniños Cantores” para presentar o video-clip central deste libro-disco-dvd.

O próximo venres 4 de novembro acudian os Pauliteiros de Miranda e o Rancho de Reis de Guláns, representando a dúas manifestación do Patrimonio Inmaterial que opta a ser recoñecido a nivel mundial.

A semana seguinte, o venres 11, será a quenda de Luis Caruncho e Augusto Canario, coma representantes das Regueifas e Cantares ao desafío. E por último o venres 18 de novembro actuará no Luar o Folión de Vilariño de Conso.