As escolas galegas e portuguesas reúnense para preparar a recta final da Candidatura do Patrimonio Inmaterial

A cita será na Casa da Cultura de Salvaterra ás seis da tarde

A Casa da Cultura de Salvaterra vai acoller mañá xoves, 20 de outubro, ás 18h unha reunión das escolas promotoras da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués á ser declarada Obra Mestra da Humanidade pola UNESCO.

Nesta reunión daranse cita tanto as escolas galegas coma as portuguesas co obxecto de preparar o tramo final da Candidatura a trinta e seis días de que a UNESCO emita a súa resolución.

Na xuntanza abordarán e estudarán os actos de promoción e divulgación desta candidatura que se están a celebrar, coma o que este sábado terá lugar en Santiago de Compostela, pero tamén traballarán na presentación do libro-disco-dvd “Meniños Cantores” que terá lugar na primeira semana de novembro.