Segundo nos contaban dende o centro, o CPI de Xanceda, no coruñés concello de Mesía, acolleu con ansia e agrado esta iniciativa de Ponte nas Ondas na súa edición 2006/2007. En Primaria houbo un amplo seguimento e participou todo o profesorado e titores/as e alumnado que tiña posibles informantes en múltiples formas de tradición oral. Tamén en Secundaria, alumnado de 1º e 2º, baixo a coordinación do profesor de galego, Baldomero Iglesias. Ademais, contaron coa axuda do profesorado de música, que contribuíu coa achega das partiturasen papel pautado das pezas escoitadas. Nos documentos adxuntos poden consultarse os nomes de todos/as participantes no traballo.
AQUÍ TODOS OS AUDIOS DO CPI XANCEDA
Arredor de catro horas de gravación da historia viva do contorno de Xanceda pode escoitarse aquí.
Informantes: Máis de dúas ducias, nas fichas adxuntas están os seus nomes, profesións e as parroquias onde viven.
Temas: Coplas, cantigas, contos, refráns e mesmo panxoliñas.
AQUÍ AS FICHAS DOS INFORMANTES RECOLLIDOS EN PRIMARIA
Presentacion e fichas de recollas do alumnado de Primaria para o certame organizado por Ponte…nas Ondas!. AQUÍ AS FICHAS DOS INFORMANTES RECOLLIDOS EN SECUNDARIA
Presentacion e fichas de recollas do alumnado de Secundaria para o certame organizado por Ponte…nas Ondas!.
AQUÍ AS PARTITURAS:
Partituras das pezas peneiradas por alumnado de Primaria e Secundaria do CPI Xanceda (Mesía). Transcrición realizada polo profesorado de música do centro educativo no curso 2006/2007.