Subliñan desde este centro educativo que decidiron participar nesta iniciativa de Ponte nas Ondas porque queren facer seu o obxectivo do propio certame: conservar o patrimonio inmaterial galego-portugués e contribuír á súa dinamización, promoción e transmisión.
O CRA Amencer conta con catro unidades: unha en San Paio, que é a sede da escola, outra en Francelos, Beade, e San Cristobo. O alumnado escolarizado pertence ao segundo ciclo de Educación Infantil e ao primeiro ciclo de Educación Primaria.
O proxecto do CRA Amencer para este certame comezou coa chegada á escola do contador Anxo Moure, “atrapacontos”, que dinamizou unha actividade na que a cativada construíu a súa “árbore atrapacontos” coa que atrapar os contos de cada familia. Nas semanas seguintes, a árbore viaxou polos fogares do alumnado estimulando a comunicación interxeracional e recollendo contos dos maiores. Nunha segunda fase, unha mestra propuxo o “atrapacontos viaxeiro”, de xeito que que a árbore viaxaba nunha bolsa acompañada dun caderno e lapis para que se recollesen por escrito os relatos orais. E nunha terceira fase, familiares e veciñanza foron convidados a acudir á escola a “contaren” persoalmente. A continuación traballaron cos vídeos sobre as cantigas, refráns e ditos peneirados.
AQUÍ A PRESENTACIÓN, FICHAS E CONTIDOS TRANSCRITOS:
AQUÍ OS VÍDEOS: