Conferencia de prensa para presentar a Gala do Patrimonio

gala-patrimonioConferencia de imprensa da sexta-feira 13 às 13.00 hs. ( hora local ) no Salón de Plenos do Concello de Tui.

Asisten:

– Jorge Mendes – Presidente da Cámara de Valença do Minho
– Enrique Cabaleiro – Alcalde do Concello de Tui
– Mª José González – Concelleira de Cultura do Concello de Tui
– Representantes de Ponte…nas ondas!
* Pendente de confirmar a assistencia de representantes da TVG e da Deputación de Pontevedra.

No acto presentaranse os actos conmemorativos dos dez anos da presenza do patrimonio inmaterial galego-portugués na sede da UNESCO.
Presentarase a MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA para os centros educativos, a GALA DO PATRIMONIO e a exposición sobre as relacións entre os escritores galegos e portugueses.

O Concello de Tui e Câmara de Valença apoiaron no seu momento a Candidatura presentada por Ponte…nas ondas! Dez anos despois, este patrimonio comum agarda o seu recoñecemento como Patrimonio da Humanidade e vai mostrar na Eurocidade Tui-Valença a súa riqueza e a súa diversidade.

O 25 de novembro de 2005, hai xa dez anos, o patrimonio inmaterial galego-portugués optaba a ser proclamado como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade, era a primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea.