Esta semana preséntase en Bruxelas a Candidatura do Patrimonio Inmaterial

Na delegación viaxa o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural Luís Bara, e a responsable de Asuntos Europeos en Bruxelas Ana Miranda, xunto aos promotores Santiago Veloso e Lourdes Carita

A Candidatura do patrimonio Inmaterial Galego-Portugués intensifica as súas actividades de promoción e esta semana chega a Bruxelas onde os promotores desta iniciativa van manter reunións nos organismos comunitarios para pedir o apoio das institucións da UE.

Esta delegación dos promotores da Candidatura chegará o luns á tarde a Bruxelas, onde na xornada do martes e mércores, vai manter unha intensa axenda de reunións cos eurodeputados de todos os grupos políticos da Eurocámara. O obxectivo dos encontros é pedirlle aos distintos grupos políticos o apoio á Candidatura.

Esta delegación vai ser recibida amais por Manuel Antonio dos Santos, Vicepresidente do Parlamento Europeo.Entrevistarse tamén cos responsables de Linguas Minoritarias e Rexionais da Comisión Europea.

A delegación que viaxa a Bruxelas está formada por Luis Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Santiago Veloso, Promotor da Candidatura en Galicia e no Estado español, Lourdes Carita, Promotora da Candidatura en Portugal e Ana Miranda, Portavoz do BNG no Parlamento Europeo e Responsable de asuntos Europeos en Bruxelas.