Exposición ‘Do Saudosismo ao Atlantismo’

cartel-exposicion-saudosismoUnha mostra que percorre as relacións entre os escritores galegos e portugueses do século XX e que será inaugurada tamén o vindeiro 25 de novembro en Tui.

Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco pretende achegar ao público, especialmente estudantado galego, a relación intelectual e persoal entre Vicente Risco e os intelectuais portugueses ao longo da década do 1920. Partindo da correspondencia e das dedicatorias de libros, a exposición fai unha aproximación aos movementos culturais portugueses (nomeadamente Renascença Portuguesa e os seus órganos de expresión A Äguia e a Seara Nova), facendo fincapé na incidencia do saudosismo na construción do pensamento risquián respecto do atlantismo. Deste xeito a mostra convértese nunha oportunidade para que alumnas e alumnos de centros educativos se acheguen ás figuras de ambos os autores, que contribuíron de forma destacada ao enriquecemento das nosas letras