Desde o concello de Ribadavia chéganos este material para o certame de recolla da tradición oral do curso 2006-2007, organizado por Ponte…nas Ondas!.
Velaí o extracto da transcrición dunha das pezas, neste caso a cantiga ofrecida polas informantes Lucila Paz e Pepa Rodríguez, de Gomariz-Leiro.
«O probe do vello
cos anos cangados
ergueuse de pedra
e o pau revirau,
mirou cara ao ceo
cos puños pechados
e ‘adios toxares’
rosmando marchou(…)»
AQUÍ AS TRANSCRICIÓNS E FICHAS DE RECOLLA
AQUÍ AS GRAVACIÓNS CORRESPONDENTES