Mañá celébrase a iniciativa “Polo San Martiño mil peóns ao camiño”

Os xogos populares forman tamén parte da Candidatura do Patrimonio Inmaterial

Mañá 11 de novembro os patios dos colexio e as prazas de distintos concellos galegos encheranse de peóns ou trompos. Baixo o lema “Polo San Martiño mil peóns aos camiños” nenos e maiores responderan deste xeito á convocatoria feita pola Asociación Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional co obxecto de recuperar este xogo.

Precisamente os xogos populares forman parte das manifestacións galego-portuguesas que optan a ser recoñecidas pola UNESCO o próximo día 25.

NOTA: Pódese acadar máis información sobre a convocatoria feita por Brinquedia en:
http://www.xogospopulares.com/brinquedia.php?subaction=showfull&id=1130892539&archive=&start_from=&ucat=34&