As palabras de Koichiro Maatsura confirman a avaliación que a Unesco fixo da Candidatura en 2005 no sentido de recoñecer un patrimonio dunha grande riqueza e diversidade, aspecto destacado na candidatura galego-portuguesa. De aí que no informe remitido a ambos estados se recomendase a súa nova presentación, definindo e concretando nunhas cantas mostras este patrimonio común.