O Instituto Camoes e o Cervantes acollen mañá a presentación da Candidatura en París

O Instituto Camoes e o Cervantes acollen mañá a presentación da Candidatura en París

Deste xeito conclúe a campaña de promoción previa a proclamación pola UNESCO o 25 de novembro

A Comisión promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués realiza mañá venres en París os últimos actos de presentación desta iniciativa, que o próximo 25 de novembro poderá ser declarada pola UNESCO Obra Mestra da Humanidade.

Logo de ser presentada en Bruxelas, Madrid, Santiago, Ourense, …e Lisboa, París é a última cidade onde recala a Comisión promotora previamente a coñecer a resolución da UNESCO.

Viaxarán ata a capital de Francia Santiago Veloso, Presidente da asociación Ponte…nas Ondas!, Lourdes Carita, Promotora da Candidatura en Portugal, Luísa Márquez, Coordinadora das Escolas Asociadas á UNESCO en Galicia, e Ana Miranda, voceira do BNG no Parlamento Europeo. Acude tamén Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

Durante dous días a Delegación da Comisión Promotora da Candidatura levará a cabo unha serie de reunións e encontros para expor os pormenores deste proxecto tanto a institucións e entidades vinculadas con Galicia e Portugal en Francia, coma ao público en xeral, en particular a ampla comunidade galega e lusa que reside en Francia.

O Instituto Camoés e o Instituto Cervantes van ser os dous lugares nos que se faga a presentación ao público en xeral. Neste último contarase tamén coa actuación musical da artista galega Mercedes Peón, que ten realizado un amplo traballo de recuperación da tradición musical.

A axenda de Paris comeza o venres pola mañá cunha reunión co Embaixador de Empaña ante a UNESCO, Jose María Ridao. Posteriormente os promotores da Candidatura reuniranse no Sector Educación da UNESCO con Sigrid Niedermayer, Directora Xeral do Programa das Escolas Asociadas da UNESCO e con Jean O´Sullivan, Responsable de Publicacións da área de Educación.

Rematarán a xornada do venres cun encontro co escritor xornalista galego Ramón Chao, un dos asinantes do manifesto de intelectuais europeos a prol da Candidatura.
Programa de actos Venres 18 de novembro de 2005
13.00hs: Reunión na Embaixada de Portugal ante a UNESCO

Lugar: Embaixada de Portugal ante a UNESCO 1, Rue Miolis, 75015 Paris

15.00hs: Reunión con Sigrid Niedermayer, Directora Xeral do Programa das Escolas Asociadas da UNESCO e con Jean O´Sullivan, Responsable de Publicacións da área de Educación

Lugar: Sector Educación da UNESCO
7 pl. de Fontenoy, 75352 Paris

17.00hs: Acto público de presentación da Candidatura no Instituto Camões

Lugar: Instituto Camões
26, Rue Raffet, 75016 Paris
Tel: 00 331 539 20 100

19.00hs: Acto público de presentación da Candidatura no Instituto Cervantes. Intervencións: Santiago Veloso, Lourdes Carita e Luisa Márquez en representación da Candidatura e de Luis Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta. Actuacións musicais de Mercedes Peón e grupo de música tradicional.

Lugar: Instituto Cervantes
7, Rue Quentin Bauchart, 75008 Paris
Tel: 00 33 1 407 09 292

21.00hs: Encontro co escritor e xornalista galego Ramón Chao
DELEGACION DA CANDIDATURA:
• Santiago Veloso, Presidente de “Ponte…nas Ondas!”
• Lourdes Carita, Promotora da Candidatura en Portugal
• Luisa Márquez, Coordinadora das Escolas Asociadas á UNESCO en Galiza

Acude tamén a París Luis Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta.