O refraneiro do CEIP O Pombal (Vigo)

vigo«En agosto o sol frite o rostro», «Abril, abrilón, auga por un tubo e poida que trebón», «Outono chegar, porco cebar»…

Así o contaban desde o propio centro:

«Este REFRANEIRO é a culminación de toda unha serie de actividades realizadas ao longo deste curso escolar 2006-07. Tódalas aulas do colexio dende Educación Infantil de 3 anos ata o alumnado de 6º de Educación Primaria participamos neste proxecto.

Agora cóntovos un pouquiño como xurde este proxecto e como foi o o seu desenrolo. O Equipo de Normalización Lingüística do colexio , á hora de elaborar ou plan de actividades para este curso, partindo dá situación socilingüística non noso centro de ensino e na comunidade escolar, decidimos centrarnos en actividades de carácter oral.

(….)

Cando xurde a idea de confeccionar un refraneiro, tód@l@s mestras/es do colexio puxémonos a traballar, e o porceso foi o seguinte:

Falámolo nas clases con os nenos e nenas e mandamos unha circular ás familias para que achegaran ó colexio tódolos refráns referidos os meses do ano que souberan. Ós nenos e nenas dixémoslles que lle preguntaran ós avós e ós vecinos e familiares maiores.

Ao longo do curso as aulas fixeron actividades de diversa índole cos seus refráns: actividades orais, plásticas, musicais,…

Entre tódolos refráns traballados nas aulas escollemos 8 decada mes. O alumnado do 3º ciclo de Primaria encárgase na aula de ordenadores da elaboración destes refráns por medio de diversos programas informáticos, e estes son expostos en taboleiros nas entradas dos dous edificios que ten o noso cole.

Entre tódolos refráns traballados cada aula escolle un ou dous que escenifica para a grabación da obra ‘O Refraneiro’ (…)»

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA:

O VÍDEO ONDE O ALUMNADO REPRESENTA O REFRANEIRO: