Presentación da Candidatura no Museo do Pobo Galego

Acto Central de presentación e promoción da candidatura á UNESCO do Patrimonio Inmaterial galego-portugués no Museo do Pobo Galego en Santiago

PROGRAMA

Venres, 21 de outubro de 2005, ás 11:00 h. na praza do Obradoiro terá lugar un circuíto aberto de xogos e xoguetes tradicionais:
– Elaboración de xoguetes: estraloque de cardo, paraugas de millo e asubíos de landra…
– Manipulación dos xoguetes citados anteriormente
– Xogos grupais

Por mor da choiva o circuito de xogos e xoguetes tradicionais estase a celebrar no Auditorio do Museo do Pobo.

As 17:00 hs: Reunión das entidades promotoras no Consello da Cultura Galega

Sábado, 22 de outubro de 2005, as 12:00 h. no Museo do Pobo Galego, acto institucional de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués á UNESCO, baixo a presidencia da Excma. Sra. Conselleira de Cultura e Deporte.
-12:00 Inicio do acto coa intervención das autoridades
-12:30 Presentación a cargo do actor Avelino González, quen será o animador do acto
-12:40 Proxección vídeo de presentación da Candidatura
-12:50 Presentación e posterior intervención da Sra. Carme, portadora do patrimonio inmaterial
-13:10 Vídeo Meninos Cantores
-13:20 Actuación musical a cargo de Uxía Senlle
-13:40 Clausura

Ofrecerase, con posterioridade ao acto institucional, un viño de honra.

Organiza:
Museo do Pobo Galego

Patrocina:
Consellería de Cultura e Deporte

Colabora:
Asociación “Ponte…nas Ondas”
Consello da Cultura Galega
Real Academia Galega
Concello de Santiago de Compostela