Primeira Edición do Certame de Recolla da Tradición Oral

certame2006-2007A primeira convocatoria do Certame de Recollida de Tradición Oral (Certame de Recolla da Tradición Oral – Concurso de Recolha da Tradição Oral) foi unha das consecuencias directas do proceso da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO. Por outro lado, a edición enmarcouse no programa da I Semana da Literatura de Tradición Oral que se desenvolveu no mes de novembro do ano 2006.

O obxectivo do concurso, como se mencionou anteriormente, era a colaboración dos centros educativos de Galicia e Portugal na preservación do patrimonio inmaterial galego-portugués, así como na difusión, promoción e transmisión de expresións vivas da tradición galego-portuguesa. A finalidade última, así pois, é buscar o achegamento do alumnado ás manifestacións culturais inmateriais presentes no seu contorno.

Entre os temas máis valorados do concurso, atopábanse aqueles que contribuísen á recuperación da memoria a través da recollida de mostras representativas do patrimonio común galego-portugués.

Os traballos podían estar expresados en prosa (mitos, lendas, contos, relatos orais, trabalinguas, adiviñas, etc) ou en verso (romances, historias, romances de cegos, coplas, oracións, recitados, refráns, etc) e a presentación debía ser en formato dixital (audio ou vídeo).

Por outro lado, da man do concurso desenvolvéronse outras actividades, como sesións didácticas sobre literatura oral impartidas por narradores orais como Avelino González, Anxo Moure, Celso Sanmartín, Fátima Fernández e Cándido Pazó, ademais de xornadas para a formación do profesorado impartidas por especialistas en literatura oral como Antonio Reigosa e Xosé Miranda.

Establecéronse catro categorías: Ensinanza Primaria, Ensinanza Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. O alumnado podía participar a través dos seus centros e cada un dos centros podía presentar, como máximo, tres propostas. Adxudicouse, en cada categoría, un primeiro premio por valor de 1000 euros e un segundo premio por valor de 500 euros.

Nesta edición participaron un total de corenta e un traballos que procedía de cincuenta e sete centros educativos de Galicia e do norte de Portugal: vinte na categoría de Ensino Primario; catorce na categoría de Ensino Secundario; 3 na categoría de Bacharelato e catro na categoría de Formación Profesional. O xurado do concurso estaba formado por especialistas como Xoán Ramiro Cuba e Antonio Reigosa e por Gerardo Feijóo, representante de Ponte…nas ondas!
Tal e como manifestou o xurado, a calidade dos traballos, tanto na súa metodoloxía como no desempeño, foi salientable, dificultando a decisión do xurado que, finalmente, decantouse polos seguintes:

Categoría Ensinanza Primaria

1º Premio: CRA Amencer de San Paio (Ribadavia, Ourense)
Pola coidada estruturación do traballo, a implicación do alumnado de Infantil e Primaria no proxecto e o desenvolvemento da terceira fase do mesmo, na que familiares e veciños do alumnado foron ás clases para cantar e contar. (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

Categoría Ensinanza Básica
1º Premio: Escola de Ensinanza Básica do 2º e 3º ciclo de Celorico de Basto (Portugal)
Por responder de xeito e exacto ao espírito da convocatoria ao poñer de manifesto, tanto no traballo do alumnado como na recollida do material, a posibilidade do seu uso didáctico.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

2º Premio: CPI de Xanceda (Mesía, A Coruña)
Pola ampla participación de alumnado e profesorado no proxecto e por proporcionar materiais sonoros interesantes obtidos dun gran número de informantes.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

Mención: acordouse facer unha Mención Especial ao traballo «Refraneiro», presentado polo CEIP Pombal de Vigo, valorando o alto interese da aplicación didáctica levada a cabo nas aulas a partir da recolección de refráns que fixo o alumnado.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

Categoría Ensinanza Secundaria
1º Premio: IES Francisco Sánchez (Tui, Pontevedra)
Polo traballos «Cantamos e contamos no Francisco Sánchez», dada a súa estrutura exemplar e a súa presentación, ademais da valoración que se fixo da ampla variedade dos materiais de tradición oral recollidos, o rigor co que se clasificaron e se ordenaron e a altísima participación do alumnado nas diferentes fases do proceso.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

2º Premio: CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco, A Coruña)
Polo traballo «A tradición oral en Coristanco» e a metodoloxía utilizada, o rigor das transcricións e da clasificación do material recollido e o estudo das características das obras realizado na aula cun traballo de campo posterior.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

Categoría Bacharelato
1º Premio: IES Aquis Querquernis (Bande, Ourense)
Neste traballo valorouse, principalmente, a temática da recolección; centrábase na historia oral, con materiais relacionados coa Guerra Civil e coa Posguerra.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

Categoría Ciclo Superior
1º Premio: Ciclo Superior de Animación Cultural del IES Primeiro de Marzo (Baiona, Pontevedra)
En atención á variedade da recolección, á calidade da maior parte dos materiais e polos significativos materiais en formato audiovisual que se proporcionaron.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

Categoría de Ensino Profissional
1º Premio: Escola Profissional Infante D. Henrique (Porto, Portugal)
Por interpretar axeitadamente o espírito da convocatoria ao poñer de manifesto, tanto no traballo do alumnado como na recolección do material, as posibilidades didácticas da posta en valor da tradición oral.  (Pulsa aquí para acceder ao material dixitalizado)

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios celebrouse no museo Verbum: Casa das Palabras, o día 13 de novembro de 2007. Contou coa actuación do narrador oral Cándido Pazó, quen realizou diversas intervencións relacionadas coas expresións do patrimonio oral galego-portugués. Ademais, en representación do xurado do concurso, o escritor e investigador da tradición oral Antonio Reigosa, creador da páxina web Galicia Encantada, fixo unha intervención na que incidía na importancia da transmisión ás novas xeracións do patrimonio oral galego-portugués.

Tanto o alumnado como o profesorado gañador asistiron e recolleron o premio adxudicado pola Consellería de Cultura e unha figura escultórica que o artista Antón Román creou especificamente para este certame. Asimesmo, contouse coa presenza do concelleiro de cultura de Vigo, D.Xesús López e coa delegada provincial de Cultura, Dona María Xesús López Escudeiro.

 

A LISTA COMPLETA DOS CENTROS EDUCATIVOS E COLECTIVOS PARTICIPANTES (Pulsando en cada ligazón podes acceder a todo o material dixitalizado)

CEIP O Pombal (Vigo)

www.opatrimonio.org/o-refraneiro-ceip-o-pombal-vigo/

CEIP Peitieiros (Gondomar)

www.opatrimonio.org/ceip-peitieiros-gondomar/

CEIP Daniel Monje (Navia de Suarna)

www.opatrimonio.org/cpi-daniel-monje-navia-de-suarna/

CPI Monte Caxado (As Pontes)

www.opatrimonio.org/cpi-monte-caxado-as-pontes/

CPI Viaño Pequeno (Trazo)

www.opatrimonio.org/cpi-viano-pequeno-trazo/

IES Terra de Turonio (Gondomar)

www.opatrimonio.org/ies-terra-de-turonio-gondomar/

IES Primeiro de Marzo (Baiona)

www.opatrimonio.org/as-recollas-do-ies-primeiro-de-marzo-baiona/

IES R. Puga Ramón (A Coruña)

www.opatrimonio.org/ies-puga-ramon-a-coruna/

IES García Barbón (Verín)

www.opatrimonio.org/ies-garcia-barbon-verin/

CEIP Souto Donas (Gondomar)

www.opatrimonio.org/ceip-souto-donas-gondomar/

IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

www.opatrimonio.org/ies-pedras-rubias-salceda-de-caselas/

IES de Valga

www.opatrimonio.org/ies-de-valga-valga/

IES J.Prieto Nespereira (Ourense)

www.opatrimonio.org/ies-julio-prieto-nespereira-ourense/

Escola Profissional EPRAMI (Melgaço)

www.opatrimonio.org/escola-profissional-eprami-melgaco/

CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo)

www.opatrimonio.org/ceip-isaac-diaz-pardo-culleredo/

Agrupamento de Escolas Deu-La-Deu (Monção)

www.opatrimonio.org/agrupamento-de-escolas-deu-la-deu-martins-moncao/

CEIP Manuel Respino (A Rúa)

www.opatrimonio.org/ceip-manuel-respino-a-rua/

IES O Ribeiro (Ribadavia)

www.opatrimonio.org/ies-o-ribeiro-ribadavia/

CPI Uxío Novoneyra (Pedrafita do Cebreiro)

www.opatrimonio.org/cpi-uxio-novoneira-pedrafita-do-cebreiro/

CEP Carlos Casares (Salvaterra de Miño)

www.opatrimonio.org/cep-carlos-casares-grixo-alxen-salvaterra-de-mino/

CPI Xanceda (Mesía)

www.opatrimonio.org/as-recollas-do-cpi-de-xanceda/

IES Francisco Sánchez (Tui)

www.opatrimonio.org/as-recollas-do-ies-francisco-sanchez-tui/

CPI A.Xosé Pichel (Coristanco)

www.opatrimonio.org/as-recollas-do-cpi-alcalde-xose-pichel-coristanco/

IES Río Miño (Rábade)

www.opatrimonio.org/ies-rio-mino-rabade/

CEIP Os Remedios (Ponteareas)

www.opatrimonio.org/ceip-os-remedios-ponteareas/

IES Aquis Querquenis (Bande)

www.opatrimonio.org/as-recollas-do-ies-aquis-querquenis-bande/

IES Xosé Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras)

www.opatrimonio.org/ies-xose-manuel-folla-respino-vilamartin-de-valdeorras/

CEIP de Tebra (Tomiño)

www.opatrimonio.org/ceip-de-tebra-tomino/

CRA Amencer (Ribadavia)

www.opatrimonio.org/as-recollas-do-cra-amencer-ribadavia/

www.opatrimonio.org/escola-eb23d-maria-ii-gaviao-vila-nova-de-famalicao/

ANPA do CEIP da Cruz (Nigrán)

www.opatrimonio.org/anpa-do-ceip-da-cruz-camos-nigran/

Banda de Música (Monção)

www.opatrimonio.org/banda-de-musica-de-moncao-moncao/

EB1 de Amarante (Amarante)

www.opatrimonio.org/eb1-de-amarante-amarante/

EB2,3 Gandarela de Basto (Celorico de Basto)

www.opatrimonio.org/as-recollas-da-e-b-23-de-gandarela-de-basto/

Escola EB1nº10 de Bragança (Bragança)

www.opatrimonio.org/escola-eb1-no10-de-braganca-braganca/

CEIP Antonio Carpintero (Arbo)

www.opatrimonio.org/ceip-antonio-carpintero-arbo/

Escola EB2,3D Maria II (Vila Nova de Famalição)

www.opatrimonio.org/escola-eb23d-maria-ii-gaviao-vila-nova-de-famalicao/

Escola Profissional Infante D.Henrique (porto)

www.opatrimonio.org/e-profissional-infante-d-henrique-porto/