Unhas levan aí séculos, outras xurdiron, como quen di, onte mesmo. Hainas naturais e hainas que foron creadas polo home; milenarias, moi recentes, e mesmo a punto de nacer. Algunhas borráronse como se nunca tiveran existido, e outras deixaron unha barreira que segue separando. Fronteiras…
Algunhas son naturais, pero a maioría son un invento do home. Unhas nacen como barreiras xeográficas pero acaban convertidas en barreiras económicas, sociais ou políticas. Hainas que co tempo se borran, e semella que nunca existiran. (…)
A Cadena SER emitiu o pasado 27 de decembro un magnífico traballo realizado polo xefe de internacional da emisora, Rafa Panadero, sobre as fronteiras. No programa interviron entre outros a xeógrafa Silvia Marcu e a antropóloga Begonya Enguix. E un dos exemplos das boas prácticas achegando culturas e rachando fronteiras foi precisamente Ponte…nas Ondas!
A partir do 17’55» podedes escoitar a conversa con Santi Veloso
Acceso ao programa dende aquí:
http://cadenaser.com/programa/2014/12/26/a_cierta_distancia/1419612837_640284.html