Sexta Edición do Certame de Recolla da Tradición Oral (2012)

cartel-certame6A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! convoca o VI Certame de Recolla da Tradición Oral GalegoPortuguesa co lema “PONTE A CONTAR”

No interese por descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común preséntase este Certame que acadou tan bos resultados nas edicións pasadas. Esta convocatoria ten unha dupla finalidade:
* Que a existencia deste patrimonio común forme parte da vida escolar nas aulas da Eurorrexión.
* Que o sistema educativo acometa decididamente a tarefa de rescatar esta tradición e poñela en valor nun proceso de transmisión deste patrimonio ás novas xeracións.

PONTE A CONTAR
Os mozos e mozas do século XXI xa non escoitan no seu entorno familiar, os contos tradicionais que noutro tempo os pais e avós contaban nos momentos de traballo e lecer. Por esta razón, a escola non pode permanecer allea á necesaria labor de transmisión dos contos populares ás novas xeracións, facendo novas lecturas e interpretacións das narrativas tradicionais, adaptándoas aos novos tempos coa axuda dos medios audiovisuais.

Roland Barthes escribiu: “Baixo as súas case infinitas formas, o relato está presente en todas as épocas, en todos os lugares, en todas as sociedades; o relato empeza coa historia mesma da humanidade; non hai, nunca houbo un pobo sen relato”.

Italo Calvino dixo: “Os contos conteñen unha explicación xeral do mundo, onde caben todo o mal e todo o ben, e onde se atopa sempre a senda para romper cos máis terribles feitizos”.

A.Rodríguez Almodóvar afirma: “O conto popular constitúe, sen ningunha dúbida, o modelo máis perfecto inventado pola humanidade para conseguir un texto infinito, un texto que diga e explique todo, en cada tempo e calquera circunstancia”

Os contos populares forman parte do noso patrimonio inmaterial e deben ser transmitidos e conservados como parte dun valioso “tesouro” que ten na lingua o seu principal soporte. Estamos convencidos de que aínda quedan historias inéditas na memoria de moitas persoas que merecen ser recollidas e preservadas.

PONTE A CONTAR!
Ponte…nas ondas! Proponlles aos centros educativos da Eurorrexión o exercicio da recolla, transmisión e difusión dos contos populares que aínda permanecen na memoria das persoas portadoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Algunhas destas persoas son auténticos “Tesouros Humanos Vivos”. Deste xeito, o sistema educativo cobre o oco provocado pola ruptura da cadea de transmisión deste patrimonio oral que se realizaba na familia ou noutros contextos xa desaparecidos.

OS PREMIADOS
Reunidos dona Mª Ofelia Carnero Vázquez, don Antonio Reigosa Carreiras, como especialistas na materia obxecto de convocatoria e Xerardo Feijoo Rapela da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, constitúense como Xurado do VI Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa que versa sobre o tema “Ponte a contar”, e

ACORDAN
1º.-Agradecer aos centros de ensino inscritos, profesorado e alumnado, de Galicia e Portugal a súa participación neste V Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común, para o que nesta convocatoria se estimula a recolla, transmisión e difusión dos contos populares que aínda permanecen na memoria das persoas portadoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Os traballos presentados a concurso foron 12 procedentes de 10 centros de ensino, correspondendo a cada categoría establecida:
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico………………………………………………….. 2
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio/Ensino Secundário …………………… 7
Categoría Bacharelato/Ensino Complementar…………………………………………….. 1
Categoría Ensino Profesional/Ensino Profissional………………………………………. 1
Categoría Universidade/Ensino Universitário…………………………………………….. 1

Traballos procedentes de centros de Galicia…………………………………………………..4
Traballos procedentes de centros de Portugal………………………………………………….6
Traballos elaborados en colaboración centros escolares de Galicia e Portugal ……1
Traballos de alumnos universitarios (Galicia) ..……………………………….. 1

2.-O Xurado valora a boa calidade da maioría dos traballos presentados a concurso, a idoineidade da metodoloxía empregada e a aplicación das requisitos establecidos nas bases.

3.-O Xurado propón é entidade que convoca o certame xestionar a procura de recursos para editar e difundir os traballos premiados nesta edición e nas anteriores dada a súa calidade e interese como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.

4.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame, tendo en conta, entre outros, os motivos que se expoñen en cada caso:

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio: ao proxecto presentado polo Jardín de Infância de Boavista–Aldreu, Agrupamento Vertical de Escolas de Fragoso, coordinado por Jorge Manuel da Fonseca Barbosa, e que leva por título “A Herança da Velhinha”.

Válorase a identificación correcta dun auténtico conto tradicional a través dos seus transmisores, a achega instrutiva e lúdica aos valores que este transmite, e o aproveitamento didáctico modélico do relato coa implicación activa de toda a comunidade escolar.

2º Premio: Ao proxecto presentado pola Escola Básica Integrada de Apúlia, coordinado por Maria Eiras Enes, e que leva por títulos “A cidade e a aldeia”, “A história do coelhinho branco”, “Lenda da Fonte da Senhora” e “Manel Ceghiño”
Válorase o achegamento do alumnado á tradición contística, musical e lendaria popular, a identificación dos portadores e transmisores deses relatos e a recreación no ámbito escolar dos mesmos.

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio: ao proxecto conxunto presentado polos centros IES A Sangriña, de A Guarda (Pontevedra), e EB2 3/S Caminha, coordinados respectivamente por Filomena Cruz e Teresa Callis, e que leva por título “A Ínsua”

Valórase o proxecto colaborativo dos dous centros de ensino en torno a un patrimonio físico e inmaterial inmediato e común, e, como consecuencia, por propiciar a descuberta por parte do alumnado de ambos centros da historia e cultura propias das dúas bandas dunha fronteira só e exclusivamente administrativa.

2º Premio: ao proxecto presentado polo IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense), coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, e que leva por título “Sonche contos!”.
Valórase a escrupulosidade no cumprimento das bases do certame, a calidade e a cantidade dos textos recompilados e, especialmente, por propiciar a presenza dos portadores deste patrimonio inmaterial no espazo escolar.

Accésit
Consonte ao establecido nas bases do Certame, os membros do Xurado acordan conceder un accésit ao traballo “Contos con historia” presentado polo alumna Adela Conde Toyos, de 3º de ESO do IES Terra de Turonio, de Gondomar (Pontevedra), baixo a coordinación de Begoña Fernández Lareo.

Válorase a iniciativa para a identificación e recompilación deste patrimonio literario oral (tres contos e unha lenda) no ámbito familiar e privado, así como o esforzo individual por compartir valores como o intercambio de saberes e experiencias entre persoas de distintas xeracións.

Categoría Ensino Profesional / Ensino Profissional
1º Premio: ao proxecto presentado pola Escola Profissional Infante Don Henrique, de Porto, alumnos de segundo e terceiro Curso Profissional de Técnico de Restauração, coordinados por Joana Maria R. F. Varajão Gonçalves Andrade.
Valórase o establecemento de pontes de comunicación cos portadores dos saberes culturais tradicionais a través de contos e lendas, en varios casos de temática vencellada aos estudos profesionais dos alumnado participante, e a contextualización dos mesmos nos ámbitos familiar e veciñal.

Categoría Bacharelato/Ensino Complementar
1º Premio: ao proxecto presentado polo IES Aquis Querquernis, de Bande (Ourense), coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, e que responde ao título “As memorias da Baixa Limia”.
Valórase o interese por promover o coñecemento dos usos tradicionais dos contos recompilados, e en xeral por contextualizar a literatura popular tradicional, así como polo respecto amosado á lingua dos transmisores nas transcricións da lingua oral.

Categoría Universidade/Ensino Universitario
1º Premio: ao proxecto presentado por Tamara Costas Caamaño, estudante de doutorado na Facultade Química da Universidade de Vigo, e Carlos Álvarez Gómez, Estudante de Grao de Enfermería en Povisa-Universidade de Vigo, polo traballo presentado baixo o título “Contos de cego”.

Valórase a identificación, a gravación e recompilación en diferentes lugares e datas, a documentación e transcrición de varios textos e músicas dos chamados “cantares de cego”, historias tradicionalmente divulgadas polos cegos e cegas nas feiras e que constitúe a fase inicial dun complementario estudo máis profundo sobre este xénero ou subxénero das letras e músicas populares tradicionais.

TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS PARTICIPANTES
*Para acceder a todo o material pica sobre o nome de cada centro

Escola Secundaria+3º Ciclo de Lousada (Lousada)
Tema: Contos em Lousada

Escola Profissional Infante D. Enrique (Porto)
Tema: Era uma vez…recolha de contos tradicionais

Agrupamento de Escolas Abel Varzim (Vilaseca, Barcelos)
Tema: Lendas de Barcelos

EBI de Apúlia (Esposende)
Tema: A cidade e a aldeia, A história do coelhinho branco, Lenda da Fonte da Senhora e Manel Ceghiño

IES Aquis Querquenis (Bande)
Tema: As memorias da Baixa Limia

IES Aquis Querquenis (Bande)
Tema: Sonche contos

IES Terras de Turonio (Gondomar)
Tema: Contos con historias

CPR Plurilingüe Andaina (Culleredo)

Tema: Contos e lendas da nosa tradición oral

Facultade de Química da Universidade de Vigo
Tema: Contos de cego

EB 2,3 de Briteiros (Guimaraes)
Tema: Conto tradicional, historia do lobishome

IES A Sangriña+EB 2,3 de Caminha (A Guarda / Caminha)
Tema: Contos e lendas do Minho

J.I. da Boavista Aldreu (Barcelos)
Tema: O conto popular: A herança da velhinha