As recollas do IES Francisco Sánchez (Tui)

tui-mapaO traballo de recolla que aquí se adxunta foi elaborado por alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Francisco Sánchez de Tui durante o curso 2006-2007. Participaron vinte grupos dos cales foron seleccionados nove polo centro para enviar o material peneirado ao certame.

Cada equipo tivo plena liberdade para recoller todo o material que atoparon e así se reflicte: hainos con cantigas, contos, adiviñas, trabalinguas, oracións, etc. Os informantes falan do amor, dos trasnos, da guerra, da sabedoría…

Resumen dende o centro educativo: «A experiencia foi moi enriquecedora para todas e todos, e moi positiva para o noso patrimonio inmaterial que conforma o espírito ancestral do pobo, o que somos e como somos. Só por iso, pagou a pena”.

E agasállannos cunha cita de ‘Cousas’ de Castelao que abre o seu traballo: “As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselos, os fieitos e todas as cousas que ía atopando no camiño enchían de ledicia o seu corazón”.

AQUÍ O DOCUMENTO COMPLETO COAS FICHAS DE RECOLLIDA
(Ademais das fichas, inclúe unha guía do contido gravado e tamén exemplos e transcricións do relato das e dos informantes)

EXTRAEMOS VARIOS EXEMPLOS QUE PODEDES VER AQUÍ: CANTIGAS

REFRÁNS

ORACIÓNS

E AQUÍ TODOS OS AUDIOS GRAVADOS:

((Os audios estanse subindo á rede, en breve poderedes escoitalos aquí))