Collected by IES Francisco Sánchez (Tui)

Estampa de Tui / Fonte: Galipedia - Luis Miguel Bugallo

tui-mapaFirst edition of the Galician-Portuguese Oral Tradition and Intangible Heritage Collecting Contest – High School Category (first four years) – 1º Prize: IES Francisco Sánchez (Tui, Pontevedra): For the work “Cantamos e contamos no Francisco Sánchez” (We sing and we tell stories at Francisco Sánchez), due to its exemplary structure and its presentation, as well as all the examination done on the huge variety of the collected material; the precision of its classification and the high participation of students in different stages of the process.

O traballo de recolla que aquí se adxunta foi elaborado por alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Francisco Sánchez de Tui durante o curso 2006-2007. Participaron vinte grupos dos cales foron seleccionados nove polo centro para enviar o material peneirado ao certame.

Cada equipo tivo plena liberdade para recoller todo o material que atoparon e así se reflicte: hainos con cantigas, contos, adiviñas, trabalinguas, oracións, etc. Os informantes falan do amor, dos trasnos, da guerra, da sabedoría…

Resumen dende o centro educativo: “A experiencia foi moi enriquecedora para todas e todos, e moi positiva para o noso patrimonio inmaterial que conforma o espírito ancestral do pobo, o que somos e como somos. Só por iso, pagou a pena”.

E agasállannos cunha cita de ‘Cousas’ de Castelao que abre o seu traballo: “As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselos, os fieitos e todas as cousas que ía atopando no camiño enchían de ledicia o seu corazón”.

AQUÍ O DOCUMENTO COMPLETO COAS FICHAS DE RECOLLIDA
(Ademais das fichas, inclúe unha guía do contido gravado e tamén exemplos e transcricións do relato das e dos informantes)

EXTRAEMOS VARIOS EXEMPLOS QUE PODEDES VER AQUÍ: CANTIGAS

REFRÁNS

ORACIÓNS

E AQUÍ TODOS OS AUDIOS GRAVADOS:

((Os audios estanse subindo á rede, en breve poderedes escoitalos aquí))