A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Delegação Regional de Cultura do Norte de Portugal (DRCN) e a Direcção Regional de Educação do Norte (DERN) convocaron este III Certame de Recolla de Mostras da Tradición Oral.
A finalidade deste certame seguiu a ser o achegamento das novas xeracións á nosa cultura tradicional para evitar romper a cadea de transmisión dos saberes que a compoñen. As xeracións que somos, por idade, depositarias destes saberes temos a obriga de transmitir este patrimonio cultural ás novas xeracións. O certame pretende que os centros de ensino continuen co labor desenvolvido co Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués e contribúan á dinamización, promoción e transmisión daquelas expresións aínda vivas da tradición oral galego-portuguesa. Deste xeito, buscouse que o alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria, Ciclos Formativos e da Universidade, dos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal, se achegasen a aquelas manifestacións culturais inmateriais que están no seu entorno máis inmediato.
TEMA
O tema nesta terceira edición foi “Os Tesouros Humanos Vivos”. Chamamos Tesouros Humanos Vivos ás persoas ou grupos que posúen en sumo grado os coñecementos, habilidades e técnicas necesarias para manter, divulgar, crear ou producir determinados elementos do noso patrimonio cultural inmaterial e que resultan indispensables para que a transmisión de coñecementos e saberes chegue ás xeracións que os suceden. Descubrir os “tesouros vivos” para coñecer e divulgar os seus méritos na comunidade é o tema deste III Certame, que coincide co da programación da XV edición da xornada multimedia Ponte…nas Ondas!, de tal xeito que o material elaborado para o certame poderá ser aproveitado para a programación do 5 de xuño.
O III Certame pretende recoller mostras dos saberes de persoas ou colectivos de portadores do patrimonio cultural inmaterial que sexan merecentes de recoñecemento como “Tesouros Vivos do Patrimonio Galego-Portugués”. Cada proposta debía adscribirse obrigatoriamente a un destes ámbitos:
1. Tradicións e expresións literarias orais: Mitos, lendas, contos, poesía popular, refráns…
2. Artes do espectáculo. Danzas, romarías e rituais festivos que se expresan en múltiples celebracións.
3. Usos sociais, rituais e actos festivos que se realizan durante o ciclo anual.
4. Coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo. Tanto na cultura agraria como marítima encontramos toda unha sabedoría asociada a diferentes prácticas e usos.
5. Técnicas artesanais tradicionais relacionadas con oficios e saberes. En caso de que a persoa ou o colectivo reúnan méritos como Tesouro Humano Vivo en máis dun ámbito, deben achegarse tantas propostas independentes como ámbitos aos que se adscriban.
OS PREMIADOS
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS
TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS PARTICIPANTES
*Para acceder a todo o material preme sobre o nome de cada centro
Escola Profissional (Gondomar)
Tema: Nossa senhora do rosário
Escola Profissional (Gondomar)
Tema:Bordar ouro e prata en Gondomar
Escola Profissional (Gondomar)
Tema: A descoberta das Barjas em Santa Iria
Escola Profissional (Gondomar)
Tema: As vozes que guardam
Jardim de Infancia de Calheiros (Ponte de Lima)
Tema: A lenda da ponte do Saine
CICCOPN (Maia)
Tema: Sete passos de Freixo de Espada
Agrupamento de Escolas de Arcozelo (Ponte de Lima)
Tema: O tesouro do penedo da moura
Agrupamento de Escolas de Arcozelo (Ponte de Lima)
Tema: 7 lendas
CPI de Xanceda (Mesía)
Tema: Recollas
Escola Secundaria de Castro Verde (Castro Verde)
Tema: Abre-te sineta
Escola Profissional Amar Terra Verde (Vila Verde)
Tema: Lendas e Tradições
Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (Ourense)
Tema: O patrimonio inmaterial da Baixa Limia
IES A Sangriña (A Guarda)
Tema: Tesouros da Guarda
IES A Sangriña (A Guarda)
Tema: Tesouros da Guarda /Refráns e Cantigas
EBI de Apúlia (Valença do Minho)
Tema: As telheiras
EBI de Apúlia (Valença do Minho)
Tema: A tecedeira de Riotinto
Escola Secundaria de Lousada (Lousada)
Tema: A lenda da Senhora Aparecida
Agrupamento Deu-la-Deu Martins (Monção)
Tema: Romeiros e romarías
EB 2,3 de Baião (Baião)
Tema: Lendas
CRA Amencer (Ribadavia)
Tema: Calendario Refraneiro
Escola Profissional Indfante D. Henrique (Porto)
Tema: Tradições e expressões literárias, romarías e danças
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: As bengalas de Gestaço
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: Talhas e curas
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: As cantigas tradicionais
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: Romarías
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: A chula de Baião
CPI Uxío Novoneyra (Pedrafita do Cebreiro)
Tema: Artesáns de Pedrafita
IES de Becerreá (Becerreá)
Tema: Traballos Comunitarios / Medicina tradicional / Contos tradicionais
Escola Secundaria de Arouca
Tema: Lengalenga da raposa e do gato
EBI de Apúlia (Valença de Minho)
Tema: Apúlia terra de sargaceiros
CPI Manuel Padín Truiteiro, de Arcade (Soutomaior)
Tema: O pan e o serán en Toutón
CICCOPN (Maia)
Tema: Rancho Regional de Fafel – Lamego
Instituto Superior de Engenharia do Porto (Porto)
Tema: Enterro do João
Instituto Superior de Engenharia do Porto (Porto)
Tema: Esconjuro do Padre Fontes
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: Lendas
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: As cestas de Baião
Escola EB2,3 de Baião (Baião)
Tema: Como se faz o vinho verde?
CERCIE Espinho
Tema: Tapeçaría