Presentación de Ponte nas Ondas…. da Lusofonía

revista_pnoNo Culturgal. Domingo 7 de decembro. En Pontevedra.

A Revista Galega de Educación, editada polo movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, organizou un evento especial durante o Culturgal.

Participan Antón Costa Rico, de Nova Escola Galega, Suso Rodríguez, profesor da Facultade de Ciencias de Educación da USC, e Santi Veloso e Xerardo Feijoo, da Asociación Ponte…nas ondas. Moderará a xornalista Rocío Pereira.

O evento será o domingo 7 ás 18h30 e servirá para a presentación do número especial sobre a lusofonía da Revista Galega de Educación coa colaboración de Ponte…nas Ondas!