En Vigo. Os días 7, 14, 21 e 28 de setembro.
Chega á súa terceira edición o evento organizado pola Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo, coa colaboración do Instituto Camões.
O programa comezará este venres 7 de setembro, ás 20:00 horas, coa inauguración da exposición do fotógrafo Anxo Cabada titulada “Retratos do Mar”. Para a mesma xornada está programado o relatorio A Ría dende a Reconquista ata hoxe, a cargo de Gonzalo Méndez Martínez, doutor en Xeografía e Historia pola USC e profesor titular da Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.
A música nesta xornada inaugural será a cargo de Xurxo Souto, que estará presente coa súa actividade “Un océano para terrícolas”, coa que vén dando a coñecer a ampla riqueza léxica da lingua galega en relación co mar, a pesca e a navegación.
O resto do programa:
Venres 14 de setembro – 20:00 horas
Usos Sustentables da Ría de Vigo – Serxio Regueira Gómez (Asociación Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo Ciés)
Música: Gaiteiros do Casco Vello
Venres 21 de setembro – 20:00 horas
Desde os peiraos. Lembranzas do Berbés – Pilar Alonso Sánchez (Autora do libro do mesmo nome)
Música: Orfeón Mariñeiro do Berbés
Venres 28 de setembro – 20:00 horas
Os cefalópodos da Ría de Vigo . Manuel E.García Blanco (Instituto de Investigacións Mariñas CSIC)
Música: Grupo Clásico Catro: Historias do Mar