A Candidatura do Patrimonio é presentada esta tarde no programa La Ventana da Cadena Ser

O presidente de Ponte…nas Ondas! e o grupo de pandereteiras do colexio Altamira de Salceda interveñen ás 17.45 no programa que se emite dende Sanxenxo

Ás 17.45 h desta tarde está prevista a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués no programa La Ventana da Cadena Ser que se emite para toda España dende Sanxenxo que con motivo da Volvo Ocean Race.

Santiago Veloso, Presidente da Asociación Ponte…nas Ondas! promotora da Candidatura, será entrevistado por Mamen Mendizábal explicando os pormenores da Candidatura que o próximo día 25 poderá ser recoñecida pola UNESCO coma patrimonio da Humanidade. Amaias no programa presentarse o libro-disco-dvd de Meniños Cantores, para elo estarán en Sanxenxo o grupo de pandereteiras do colexio Altamira de Salceda de Caselas.

O Colexio Altamira de Salceda é un dos dezasete centros educativos de Galicia e Portugal que participaron no proxecto “Meniños Cantores”.

O video-clip do tema central de “Meniños Cantores” titulado “Máis Preto” foi gravado o pasado mes de maio na vella ponte internacional de Tui por cincocentos alumnos do colexios das dúas beiras, simbolizando dende esta ponte centenaria e coas súas mans unidas a unión entre a cultura de Galicia e Portugal.

Segundo especial de Luar dedicado á Candidatura
Por outra parte o programa Luar da TVG emite esta noite o segundo espazo especiais sobre a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués que opta a ser proclamado Obra Mestra da Humanidade pola UNESCO o próximo 25 de novembro.

Mañá actuarán no Luar os Pauliteiros de Miranda e o Rancho de Reis de Guláns, representando a dúas manifestacións do Patrimonio Inmaterial que opta a ser recoñecido a nivel mundial.