As entidades promotoras reúnense en Santiago para preparar a recta final da Candidatura do Patrimonio Inmaterial

O encontro será mañá venres ás 17 h no Consello da Cultura Galega

As institucións, entidades e asociacións que xunto a Asociación “Ponte…nas ondas!” promoven a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués ante a UNESCO vanse reunir mañá venres, ás 5 da tarde, no Consello da Cultura Galega, no Obradoiro en Santiago. O obxectivo deste encontro é “preparar o terreo para a proclamación do 25 de novembro”, segundo explicaba Santiago Veloso, Presidente de “Ponte…nas ondas!”.

Acudirán ao encontro representantes dos vintecinco colectivos que promoven a Candidatura, e que a continuación pasan a detallarse:

Consellería de Cultura e Deporte
Consellería do Medio Rural
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Consellería de Innovación e Industria
Secretaría Xeral De Política Lingüística
Secretaría Xeral de Emigración
Presidencia – Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior
Agader-Axencia Galega De Desenvolvemento Rural
Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, CCDR-N
Consello da Cultura Galega
Federación Galega pola Cultura Marítima
Ministerio De Cultura-Portugal
Ministerio Da Agricultura-Portugal
Ministerio Da Educaçao-Portugal
Museo do Pobo Galego – Consello Galego de Museos
Instituto Portugués dos Museos – Museo Soares do Rei
Real Academia Galega
Regiao de Turismo do Alto Minho
Universidade De Vigo
Ceer-Centro de Estudos da Eurorrexión
Asociación Forestal De Galicia
Organización Galega De Comunicación De Montes
Asociaçao para a Cooperaçión entre Baldío
Asociaçao de Sociologos Do Alto Minho