As recollas do IES Primeiro de Marzo (Baiona)

baionaAdiviñas, cantigas, lendas e contos… Así contan da súa colaboración no proxecto:

«A participación neste certame forma parte das actividades do módulo de “Metodoloxía da Intervención Social” do C. S. de Animación Sociocultural do IES Primeiro de Marzo de Baiona, pero poderíamos decir que estaría presente o longo todo o Ciclo, tendo como referente para a súa realización a recolla de Literatura Oral como valor cultural, a necesidade da súa conservación, dinamización. Deixando constancia, neste caso, da importancia que para un Animador Sociocultural ten como elemento a utilizar na súa práctica profesional tanto como dinamizador como axente cultural e social.

No proxecto participou todo o alumnado do Ciclo, aínda que o material que se envía é unha pequena parte do recollido, xa que, ou ben por motivos técnicos e de tempo ou porque a recolla non era adecuada, o resultado final para presentar no certame se resume en tres CDs.

En xeral os distintos grupos sinalan a amabilidade, hospitalidade e espontaneidade dos informantes, e mostran a súa satisfacción pola realización destas observacións, despertando en eles curiosidade e interese, así como, destacan o gran cambio sufrido nos últimos tempos e a sensación de “perda” do patrimonio inmaterial.

Tamén sinalan como case todos os informantes senten saudade de tempos pasados dicindo que eran mellores ou máis felices, exceptuando un deles (anónimo) que ten o total convencemento de que agora se vive mellor».

EXEMPLOS DE ADIVIÑAS PENEIRADAS POLO ALUMNADO DO IES PRIMEIRO DE MARZO:

1. “Pelo por fóra
pelo por dentro
cálzalle a pata
e métella dentro”

2. “Nace no monte
no monte se cría
cando chega á casa
todo o mundo chía”

3. “Que é aquilo que anda de arredor
e de arredor
e nunca chega á casa”

SOLUCIÓNS:
1.(O calcetín)
2.(A caixa do defunto)
3.(O muíño)

MATERIAL COMPLETO:

Documento de recollas nº1 (.pdf)

Documento de recollas nº2 (.pdf)

Documento de recollas nº3 (.pdf)

Documento de recollas nº4 (.pdf)

Documento de recollas nº5 (.pdf)

Documento de recollas nº6 (.pdf)

TAMÉN PODES VISUALIZALAR AQUÍ EN LIÑA TODAS AS FICHAS CON EXEMPLOS DO MATERIAL:

 


VÍDEOS E AUDIOS:

Testemuños peneirados por alumnado do IES Primeiro de Marzo (Baiona) para o certame de recolla da tradición oral do curso 2006-2007, organizado por Ponte…nas Ondas!.

VÍDEOS
CD1
O CD1 inclúe as recollas seguintes:
A Pascua
Os Acompañamentos (onde aparecen as diferencias entre os de Coruxo e os de Nigrán)
Os cans malos e rabiosos
Bolos Celtas
Os boticarios e o home do saco
A Santa Compaña
A inundación de Troia (acontecida aproximadamente no 1.500 en terras de Coruxo e Canido e os problemas de lindes)

Informantes:
– Anónimo
– Ventura Comesaña Fernández

CD2
Informante: Albina Barreiro Meniño
Temas dos que fala:
– As ánimas
– As herbas curativas
– Refráns
– Poesías
– Remedios
– Contos do demo
– Conto de San Pedro

CD3
Informantes: Rosa e Aida Garrido (de Moscoso – Pazos de Borbén)
Temas: coplas, xotas, muiñeiras e outras pezas, e tamén a o relato de «As labradas».

AUDIOS
CD3
Informantes: Rosa e Aida Garrido (de Moscoso – Pazos de Borbén)
Temas: coplas, xotas, muiñeiras e outras pezas, e tamén a o relato de «As labradas».

CD4
Informantes: Celestino e Aurelia (de Fontes e Baíña)
Temas: Cantigas, lendas e contos
https://soundcloud.com/user-548276983/sets/celestino-e-aurelia

CD5
Informante: María Escuredo Anta
Temas: Cantigas e oración
https://soundcloud.com/user-548276983/sets/maria-escuredo

CD6
Informante: Pilar Pereira e Manuel Santos
Temas: Adiviñas, lendas e refráns
https://soundcloud.com/user-548276983/sets/pilar-pereira-e-manuel-santos

CD7
Informante: Amelia Alonso Valverde
Temas: Conxuro para o pan e trabalinguas
https://soundcloud.com/user-548276983/sets/amelia-alonso

CD8
Informantes: Mercedes Leyenda Martínez
Temas: Poemas e cantiga
https://soundcloud.com/user-548276983/sets/mercedes-leyenda-martinez