Actividade coorganizada pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e por Nova Escola Galega.
VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO. “Xogo, literatura oral e música”.
Datas de celebración
13 e 14 de novembro de 2015.
Lugar de celebración
Santiago de Compostela
(Instalacións do Conservatorio Profesional de Música)
Destinatarios/as
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Educadores/as en xeral.
Número máximo de participantes
70, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición
(É posible solicitar axuda económica para a asistencia á actividade. DOG do 25 de xuño de 2015)
Ata o 9 de novembro de 2015
Ordinaria: 50 €
Parados/as e estudantes: 25 €
Socios/as de NEG: 20 €
Desde o 10 de novembro de 2015
Ordinaria: 60 €
Parados/as e estudantes: 35 €
Socios/as de NEG: 30 €
Forma de pagamento
Transferencia bancaria á conta da AGXPT en Abanca ES44 2080 0337 1430 4000 6072
Inscrición
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.
O VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico, que se realiza en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago, persegue indagar nas manifestacións literarias e musicais que nacen arredor do xogo tradicional. Trátase de manifestacións aínda só parcialmente recompiladas e estudadas e que están en inminente perigo de desaparición. Así como os xogos tradicionais conservan en esencia a súa vixencia cando menos na memoria colectiva, a presión dos medios de comunicación e da industria do libro e da música, están provocando que a literatura oral infantil tradicional galega –recitados cos partes do corpo, cantareas para aprender a andar, lengalengas, adiviñas…– e todo tipo de manifestacións musicais arredor do xogo tradicional –nanas, cantigas de corda, danzas infantís…– estean sufrindo un evidente proceso de substitución por parte de manifestacións desta índole chegadas doutras terras.
OBXECTIVOS
1. Achegarse á cuestión do xogo tradicional desde unha óptica global, atendendo aos procesos de recuperación do patrimonio lúdico que se están desenvolvendo desde diferentes ámbitos.
2. Analizar o xogo tradicional como manifestación cultural, así como o seu papel específico na construción da identidade.
3. Poñer en común a función do xogo tradicional na educación e as estratexias de introdución do patrimonio lúdico galego no ámbito escolar.
4. Investigar posibles estratexias de recuperación do patrimonio lúdico galego desde o ámbito dalgunhas didácticas específicas e valorar o seu papel no desenvolvemento dos procesos educativos.
5. Particularmente, afondar nas estratexias de recuperación e posta en valor das manifestacións musicais e literarias tradicionais relacionadas co xogo.
6. Practicar unha importante batería de xogos e deportes de diferente tipoloxía e poñer en común variantes das modalidades propostas, e mesmo outras diferentes.