IES Terra de Turonio (Gondomar)

Gondomar-mapaDesde o concello gondomarés chéganos estoutro material para o certame de recolla da tradición oral do curso 2006-2007, organizado por Ponte…nas Ondas!.

De entre as moitas pezas que, contos, cantigas, lendas e historias, destacámosvos este relato real, onde a costureira Carmen Rodríguez recorda a chegada da luz eléctrica ao lugar:

“Foi un día de alegría enorme. Foi no ano 41 ou 45. Sei que foi nas vésperas das Mercedes, e fomos todos a esperala xunto ao transformador de Chaín, xunto á fábrica vella. Alí estabamos todos esperando, todos os de Chaín, porque a luz veu ata Chaín, e de Chaín pasou a Morgadáns, Peitieiros e Couso. Fixemos unha festa… fomos buscar a San José á igrexa, porque o levabamos para a capilla, para o encontro que hai sempre na véspera da festa (…)”

AQUÍ PODEDES ESCOITAR TODAS AS GRAVACIÓNS


AQUÍ AS CORRESPONDENTES FICHAS DE RECOLLA CON TRANSCRICIÓNS INCLUÍDAS