Meniños Cantores, a world reference in the work with shared musical heritage of two countries

meninhos_cantoresO proxecto “Meniños Cantores” proponnos unha viaxe por un territorio cun patrimonio inmaterial común que se amosa ao resto do mundo ao través de tres formatos: libro, cd e dvd. É unha actividade pioneira no traballo co patrimonio inmaterial, realizada a partir das escolas de Galicia e do Norte de Portugal.

“Meniños Cantores” tivo a súa orixe na Candidatura presentada pola Asociación Ponte…nas Ondas! e as Escolas Asociadas á UNESCO, para que o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sexa recoñecido coma Obra Mestra da Humanidade.

Tratase dun proceso de recreación e plasmación da nosa tradición musical levada e transmitida a partir das aulas de escolas galegas e portuguesas. Nalgúns casos, a creación é un valor sumado a este patrimonio.

“Meniños Cantores” fíxose realidade grazas o estreito traballo desenvolvido polo estudo de gravación Casa de Tolos e a Asociación Ponte…nas Ondas! co obxecto de realizar un traballo musical a partir dos centros educativos dos dous lados do Miño. Os profesores de música dos centros escolares foron os aliados idóneos para emprender esta aventura musical cun patrimonio común. Cada centro educativo encargouse de suxerir dous temas, e de ensaiar e facer os arranxos precisos.

Traballo pioneiro

Meniños Cantores é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do Norte de Portugal. A iniciativa surdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte…nas ondas! e Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte…nas ondas! da canditatura ó Patrimonio Oral e inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, foi a faísca que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena ollada a un futuro posible.

Para poder realizalo contamos con profesores de música e alumnos de dezasete centros. O resultado final é o seguinte:

Un CD que inclúe:
-28 cancións.
-Pista interactiva con letras e partituras.

Un DVD que inclúe:
-Un documental sobre o proceso de realización do proxecto narrado en catro idiomas (galego, portugués, castelán e inglés).
-Un documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos lados da fronteira, narrado en catro idiomas como o anterior.
-Un videoclip por cada centro.
-Trinta e dous karaokes.

Un libro que inclúe:
-Letras das cancións.
-Lista dos participantes.
-Textos informativos sobre cada centro e o seu concello en catro idiomas (galego, portugués, castelán e inglés)

Meniños Cantores – Escoitar

A web de Meniños Cantores