O venres 25 a UNESCO da a coñecer as terceiras proclamacións do Patrimonio Inmaterial

O director xeral da UNESCO, Koïchiro Matsuura, na presenza dos membros do xurado e da delegación permanente ante a UNESCO, dará a coñecer este venres 25 de novembro, ás 2 da tarde, nunha cerimonia especial as Terceiras Proclamacións do Patrimonio Inmaterial coma Obra Mestra da Humanidade.

O acto terá lugar na sala XI da sé da UNESCO en París, Francia. Entre as Candidaturas presentadas estará a do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués. Trala proclamación haberá unha rolda de prensa.

O xurado está integrado por

• Antonio A. Arantes (Brasil)
• H.R.H Basma Bint Talal (Jordania)
• Aziza Benanni (Marruecos)
• Georges Condominas (Francia)
• Anzor Ermaichvili (Georgia)
• Carlos Fuentes (México)
• Yoshikazu Hasegawa (Japón)
• Epeli Hau’ofa (Fidji)
• Alpha Oumar Konare (Malí)
• Elvira Kunina (Federación Rusa)
• Olive W.M. Lewin (Jamaica)
• Amandina Lihamba (Tanzania)
• Ahmed Morsi (Egipto)
• Martina Pavlicova (República Checa)
• Olabiyi B.J. Yai (Benín)
• Zhentao Zhang (China)

As deliberacións comezan hoxe luns 21 de novembro, e prolongaranse ata o xoves.