O xornal galego “Faro de Vigo” publica hoxe no suplemento “Faro na Escola” un especial de sete páxinas dedicado á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués.
O suplemento ábrese cun artigo titulado “Un Patrimonio para o mundo” no que se fala de como naceu a Candidatura da sociedade civil, e máis concretamente nas Escolas ao través de Ponte nas Ondas! e dos pasos que foi dando.
A dobre páxina recolle unha ampla reportaxe de texto e fotografías do proxecto “Meniños Cantores” con instantáneas da presentación do libro-disco-dvd en Vigo e en Porto.
Nas páxinas centrais reproduce a árbore do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués cun romance no que explica cada un dos ciclos da Candidatura.
Recolle tamén “Faro na Escola” a celebración do Samaín en Monte Porreiro en apoio a este Patrimonio que opta a ser recoñecido pola UNESCO. O suplemento péchase co manifesto asinado por intelectuais europeos a prol desta iniciativa.